“É fundamental profundizar na relación entre os lumes e  o que realmente pode haber detrás”

Lidia Senra preguntánse se existe relación entre o lume e posíbeis intereses de grandes empresas nas terras queimadas. Este sábado en Ourense haberá unha xornada sobre 'incendios e o negocio do lume'.

Lidia Senra e Barbara Loureiro en rolda de prensa
photo_camera Barbara Loureiro e Lidia Senra

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e membro do Grupo Confederal da Esquerda da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou un maior esforzo polas administracións públicas para determinar “as verdadeiras causas que pode haber detrás dos incendios forestais”. Senra compareceu canda aá brasileira Bárbara Loureiro Borges, enxeñeira forestal e membro da coordenadora do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), para presentar a xornada “Os incendios forestais na UE. O negocio do lume”, que este sábado reunirá no Auditorio Municipal de Ourense a bombeiras e diferentes colectivos para reflexionar e afondar sobre o problema dos lumes no rural.

“Non pode tratarse dunha cuestión de piromanía xeralizada no mundo, por iso hai que explorar e ver que intereses hai detrás do lume e se hai causas múltiples cales son para prender as lapas”

“Estou convencida de que detrás dos lumes forestais hai algunhas causas que teñen que ver con usar a posterior eses terreos queimados para intereses concretos de grandes corporacións empresariais, chamémoslle especulación urbanística ou aproveitamento deses espazos para algo. Pregúntome, por exemplo e lanzo esta reflexión sen resposta probada: Existe algunha relación entre todos os curutos dos montes que arderon hai tempo na Galiza e o feito de que despois se instalaran en algún deles parques eólicos? Igual si hai algunha relación. Déixoo no aire”, afirmou Lídia Senra.  “Profundizar na relación entre os lumes e  o que realmente pode haber detrás na Galiza, na UE e no mundo é fundamental para conseguir acabar con esta lacra”, engadiu.

Debate

Na xornada deste sábado en Ourense participarán como ponentes bombeiras e bombeiros de Galiza e do resto do Estado español, así como traballadores forestais das Administracións públicas, economistas, membros do Sindicato Labrego Galego (SLG), do MST do Brasil, de Unidade Popular de Grecia, da Confederação Nacional de Agricultura de Portugal e tamén os deputados no Parlamento Galego Antón Sánchez e Davide Rodríguez, exalcalde de Manzaneda, ou a membro de Anova Ourense María Conde.

Para Lídia Senra, o importante da xornada será debater en conxunto e facer fincapé en 4 eixos básicos relacionados cos lumes: o abandono do mundo rural, o modelo forestal e a proliferación dos eucaliptais, o cambio climático e  a necesidade de manter un servizo público de extinción de incendios .

Brasil

Pola súa parte, a brasileira Bárbara Loureiro Borges explicou que no 2015  se rexistrou un millón de quilómetros cadrados de área queimada no Brasil, terras que despois son utilizadas maioritariamente para producir para a exportación soia, millo e cana de azucre. A membro do MST criticou o “modelo devastador do monocultivo” e avogou por levar a cabo modelos agrícolas alternativos.

Comentarios