A Fundación Alexandre Bóveda solicitará ao Parlamento institucionalizar o Día da Galiza Mártir

A iniciativa lexislativa visa incoar o proceso xudicial desenvolvido contra Bóveda e rehabilitar de maneira pública e política a súa figura como tamén a de tod@s @s represaliad@s e asasinad@s desde xullo de 1936

Así o anunciou o secretario da Fundación, Valentín García Bóveda, no acto de homenaxe organizado en Pontevedra con motivo do 77 aniversario do fusilamento do seu avó.

A proposición de lei insta ás institucións da Galiza a incoar o xulgamento e execución de Bóveda e a rehabilitar publicamente a figura de tod@s @s asasinad@s polo franquismo

A Fundación que leva o nome do ilustre galeguista instará ao Parlamento de Galiza a "declarar e instituír" o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir "en memoria e homenaxe de todos e todas as cidadás que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen a liberdade e os dereitos democráticos e nacionais do pobo galego". 

Segundo recolle o texto que a Fundación redixirá á Cámara lexislatica, a proposición de lei insta tamén aos poderes publicos do país a "incoar o proceso seguido e a condena a morte ditada" contra Alexandre Bóveda en agosto de 1936 que rematou coa vida do dirixente do Partido Galeguista a mans dun pelotón de fusilamento. Isto é, a iniciar un proceso xudicial que coas debidas garantías declare nulo o xulgamento e execución de Bóveda por parte dun tribunal antidemocrático. 

Aliás, continúa a iniciativa, o executivo galego e as institucións nacionais deberán rehabilitar "pública e politicamente a figura de Bóveda Iglesias" e con ela simbolicamente "a de todas as galegas e galegos mortos desde o 18 de xullo de 1936". 

Máis en POLÍTICA
Comentarios