Francisco Vázquez louba a figura dun Papa polémico

O ex-embaixador español no Vaticano e ex-alcalde da Coruña asegura que aqueles que consideraban a Ratzinger "un retrógrado" estaban "lonxe da realidade". As verbas de Vázquez baten coas polémicas opinións do pontífice.
Diario vasco
photo_camera [Imaxe: Diario vasco]

Igrexa e modernidade non son verbas que casen ou acostumen a ir parellas. Pola contra, renovación é o que unha importante parte da freguesía demanda na institución católica. Porén, para Francisco Vázquez, ex-embaixador español no Vaticano, "a decisión de Bieito supón unha modernización da igrexa" e dá conta segundo o socialista, do trabucados que estaban aqueles que "sen analizalo o acusaban de retrógrado".

Porén, as verbas do ex-alcalde contradín a actitude mantida polo Papa Bieito XVI durante o seu mandato como máxima autoridade da igrexa católica. Unha figura moi polémica non só polos escándalos de pederastia destapados na curia durante o seu pontificado senón polos posicionamentos adoptados por Ratzinger a respecto do uso de preservativos na loita contra a SIDA cando asegurou que o problema da VIH no continente africano era un "problema ético" que debería ser atallado a través da "abstinencia sexual" e o rexeitamento "á promiscuidade" ao entender que o contaxio proviña do mantemento de relacións sexuais con máis dunha persoa.

Así mesmo, o Papa amosábase nunha visita a Camerún e Angola e 2009 completamente contrario ao uso do preservativo na loita contra a SIDA ao considerar que estes "aumentan o problema" en troca de combatelo. Unha cuestión fondamente rexeitada polo sector médico e as organizacións non gobernamentais así como pola práctica totalidade d@s expert@s do mundo --agás a igrexa.

Comentarios