Francisco Jorquera: ''O BNG ten vocación de permanencia''

O voceiro do Bloque no Parlamento anuncia que o BNG se enfrontará con rotundidade ás reformas electorais que ten en axenda o PP, que cualifica como “intento de golpe de Estado”.

jorqueras

Francisco Jorquera Caselas (Ferrol, 1961) é o portavoz parlamentar do BNG e amósase fortalecido, e realista, cara ao novo período de sesións e tamén ante o curso político que comeza, que se prevé convulso.

- Comeza un exercicio político que pode marcar un antes e un despois

- Presúmase intenso pola situación social, económica, polo drama deste país, cuxa base material está destruída, mais vai ser especialmente convulso pola intención do PP de perpetrar un auténtico golpe de estado coa reforma da lei de eleccións ao Parlamento galego e coa reforma da lei electoral das municipais, onde co revestimento dunha suposta rexeneración o que quere é cambiar as regras do xogo cinco minutos antes do remato do partido no seu beneficio (...) Para o BNG é escandaloso, un pucheirazo, e no parlamento e na acción social responderemos con contundencia.

- Como se combate algo de tanta dimensión e espera ter compañía o BNG no combate que se prepara contra o mesmo?

- Esperamos que si. Unha das iniciativas que imos tomar é convocar a todas as organizacións políticas e sociais que estean en contra deste pucheirazo para impulsar unha forte contestación ao que intenta perpetrar o PP, dunha gravidade total e absoluta que precisa resposta non só a nivel institucional.

- Outra gran cita do curso son as municipais de maio de 2015

Vou ser claro. O BNG ten vocación de permanencia, ninguén no BNG está pensando en disolverse. Somos a forza referencial do nacionalismo e se non existise o BNG o noso país sería un ermo. 

A entrevista completa neste semanario do Sermos Galiza, nº112

Comentarios