Francina Armengol abandona Patxi López e anuncia que volta a apoiar Pedro Sánchez

Aínda que existe consenso sobre que Patxi López solventou con eficacia o debate desta segunda feira, a tendencia entre as e os seus partidarios é ao abandono e á migración cara ás filas de Pedro Sánchez. Quen deu o primeiro peso é un dos pesos pesados orgánicos que até o de agora apoiaba o ex lehendakari, a presidenta de Baleares, Francina Armengol.

Francina Armengol
photo_camera Francina Armengol

Armengol volta a casa, ao sanchismo. Apoiou Patxi López cando este lanzou a súa candidatura (foi o primeiro en facelo), desde a convicción de que Sánchez non participaría na pugna pola secretaría xeral. Cando o economista madrileño reapareceu no cenario, a presidenta balear mantívose acarón de López. Até onte. Nunha entrevista na SER, anunciou que o seu voto será finalmente para o ex secretario xeral. 

A súa argumentación é a propia de quen non ve útil neste momento votar Patxi López, dada a enorme distancia en que ficou de Sánchez na recolla de avais.

“Os militantes falaron moi claro, hai unha diferenza de avais moi importante, hai dúas persoas que poden gañar a Secretaría Xeral, nunhas primarias gaña o que ten un voto máis, non é un sistema parlamentar", xustificou.

Comentarios