Forzas progresistas pedirán investigar no Congreso os abusos a menores da Igrexa

Unidas Podemos avanza que presentará a proposta xunto a ERC e Bildu.
O Estado e a Igrexa acordaron a devolución de case un milleiro de bens patrimoniais que inmatriculara sen que lle pertencesen (Foto: Nós Diario).
photo_camera Candeas nunha igrexa (Foto: Nós Diario).

Unidas Podemos (UP) proporá, xunto a ERC e EH Bildu, a creación dunha comisión de investigación no Congreso sobre os abusos a menores por parte da Igrexa católica, para o que agardan contar co apoio do PSOE.

O presidente do grupo parlamentario de UP, Jaume Asens, avanzouno esta segunda feira nunha entrevista concedida a Europa Press que "nos vindeiros días" presentarán esta iniciativa, do mesmo modo que o fixeron países como Alemaña, Bélxica, Francia ou Irlanda.

"Fáiseme estraño pensar que partidos como o PSOE fiquen excluídos desta iniciativa, porque é de sentido común, razoábel e no sentido en que o pide o Papa Francisco", defendeu Asens.

"Nula colaboración" da Igrexa

Un estudo presentado o pasado 2021 pola Universitat Oberta de Catalunya, a de Barcelona e a do País Vasco, concluíu que as autoridades relixiosas eludiron até o de agora investigar "a fondo" este problema no Estado.

Neste senso, lamentaron a "nula colaboración" da entidade no esclarecemento dos delitos de pederastia.

Segundo o mesmo informe, as e os menores que sufriron os abusos tiñan unha media de 11,8 anos de idade.

Comentarios