Formoso replica as declaracións de Rueda sobre os "problemas puntuais" no Sergas

"Falamos dunha situación francamente grave", afirmou o secretario xeral dos socialstas galegos, que lembrou que o PSdeG xa lle ofreceu axuda ao presidente da Xunta para "falar de país" e buscar solucións.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. (Foto: Europa Press)
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. (Foto: Europa Press)

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, replicou as declaracións do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no día de onte, cando recoñeceu "problemas" no Sergas per "non continuados no tempo"

O xefe de filas dos socialistas galegos mostrouse "sorprendido" polas palabras do dirixente popular, e insistiu en que o "colapso" da sanidade galega "non é puntual".

"Recomendaríalle", sinalou Formoso, "que visite os hospitais galegos e as áreas sanitarias para que comprobe a realidade do colapso que están a padecer".

En concreto, convidou a Rueda a falar cos pacientes "que está nos corredores de urxencias esperando que lle asignen unha habitación" ou cos usuarios da sanidade pública "que levan esperando desde hai meses que un especialista lles ofreza un diagnóstico que lles permita saber se ten posibilidades de vivir ou non".

Situación "francamente grave"

"Falamos dunha situación francamente grave", afirmou o secretario xeral dos socialstas galegos, que lembrou que o PSdeG xa lle ofreceu axuda ao presidente da Xunta para "falar de país" e buscar solucións.

Con este obxectivo, insistiu na necesidade de "priorizar" e "incrementar" os orzamentos para sanidade cambiando partidas.

"É un asunto no que, aínda que teñamos que renunciar a outros gastos, o máis importante é que o sistema sanitario galego responda e funcione cunha eficiencia e unha calidade mínima, que é a que esixen os galegos e as galegas", concluíu.
 

Comentarios