Formoso cualifica de “baleiro” o discurso de Fin de Ano de Rueda

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, criticou o discurso de Fin de Ano de Alfonso Rueda, cualificándoo como “baleiro e cheo de renuncias e resignación” por “obviar os principais problemas da Galiza”.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.(Foto: Europa Press)
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.(Foto: Europa Press)

González Formoso cualificou o discurso do presidente da Xunta, Alfonso Rueda como “cheo de renuncias e resignación”. Neste sentido, sinalou que o mandatario galego amosou que “non ten perspectiva de futuro para o país”.

O dirixente socialista lamentou que o presidente galego “non ten perspectiva de futuro para o país” e non “non é capaz de ofrecer solucións aos problemas” a curto prazo, como aconteceu “coa retirada da tarxeta básica”

González Formoso acusou a Rueda de “falla de responsabilidade” para solucionar os “graves problemas que hai nos seus marcos de competencia”, destacando o acontecido nos últimos tempos cos servizos públicos.

O secretario xeral do PSdeG criticou as “dimisións continuas” na sanidade, os “centros de saúde saturados, sen médicos incluso” e a emigración da mocidade que “non ten a oportunidade de construír na Galiza o seu proxecto de vida”.

Rueda “inhabilitado”

O máximo responsábel socialista afirmou que Rueda “está inhabilitado para exercer o cargo”, ao ser “un presidente que renuncia aos anhelos dun pobo, non merece selo”. Nesta dirección, denunciou a súa “falla de ambición para que avance o país”.

González Formoso dirixiuse “aos galegos e galegas” que “aspiran a un país con proxectos e ilusións, onde o seu Goberno teña en conta as súas necesidades, non se acomode e teña capacidade de reacción ante as circunstancias excepcionais que están a vivir as familias galegas”.

O dirixente do PSdeG apostou por “un Goberno que sexa capaz de insuflar dinamismo na economía ser capaces de respaldar as necesidades das familias, dos sectores produtivos, mar interior e no agro galego”.

O mandatario socialista aseverou que o PSdeG vai a estar no 2023 para “defender a identidade, cultura e intereses da Galiza”, desde a “normalidade e institucionalidade”, para facer “crecer e avanzar a un país”, do que é a “única columna vertebral política”.

Comentarios