Formoso critica o PPdeG pola súa política eólica

O secretario xeral do PSdeG, expresou a necesidade de resolver "erros do pasado", en referencia á mentalidade "retro" que, segundo indicou, caracterizou as decisións enerxéticas do PPdeG durante o mandato de Manuel Fraga.

Formoso acusa de "falta de coherencia e responsabilidade política" ao PPdeG respecto do  ámbito enerxético
photo_camera Formoso acusa de "falta de coherencia e responsabilidade política" ao PPdeG respecto do ámbito enerxético

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou a falta de "coherencia e responsabilidade" que, na súa opinión, mostra o PPdeG no sector enerxético na Galiza, en concreto, respecto ao sector eólico.

Así o indicou Formoso este sábado na xornada organizada polos socialistas sobre a enerxía eólica sustentábel no Hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela. O secretario xeral tamén criticou as "lentas" actuacións no sector.

 

Por outra banda, Formoso explicou que a Galiza ten o "potencial, as organizacións e os profesionais" para liderar un proceso de cambio cara a enerxías renovábeis, como a eólica. En cambio, sinalou, "non existe vontade política".

O líder dos socialistas tamén expresou a necesidade de resolver "erros do pasado", en referencia á mentalidade "retro" que, segundo indicou, caracterizou as decisións enerxéticas do PPdeG durante o mandato de Manuel Fraga. "Trátase dun modelo especulativo que aínda perdura", lembrou Formoso.

Ante o obxectivo do PSdeG de instaurar parques eólicos, explicou que "ninguén discutirá unha iniciativa de enerxía eólica se beneficia á sociedade". Ademais, engadiu que os socialistas cren nun modelo "sen custos" para os municipios.

 

Máis en POLÍTICA
Comentarios