Formoso augura un éxito dos socialistas nas eleccións locais

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou a Alberto Núñez Feixoo de "ter envexa" dos candidatos e candidatas socialistas e de agochar aos do PP pola súa “falla de proxecto para as vilas e cidades galegas”.

Formoso Vilagarcía 200523
photo_camera Valentín González Formoso co o alcalde Vilagarcía, Alberto Varela, nunha visita esta localidade.(Foto:Nós Diario).

O dirixente socialista puxo como exemplo de xestión ao candidato so PSdeG a Alcaldía de Vilagarcía e a Abel Caballero, a quen cualificou como unha “referencia municipal en toda España”.

Formoso destacou o labor da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que “liderou unha cidade que tiña gañas de soñar e fame de volver a ser o que sempre foi e convertela na referencia europea da Intelixencia Artificial”.

O responsábel do PSdeG significou a actividade do rexedor ferrolán Ángel Mato que “logrou a maior carga de traballo” para os estaleiros ferroláns con “6.100 millóns de euros de investimento do Estado”.

O secretario dos socialistas afirmou que “entendemos que Feixoo teña envexa de candidatos como Lara Méndez”, que “está a realizar a segunda transformación urbana” de Lugo e que a cidade sexa a “referencia emprendedora na Galiza”.

Bugallo

Formoso tivo, tamén, palabras para o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, a quen definiu de “solvente, serio e fiábel”, nun momento onde as sondaxes lle dan unha importante baixada.

O dirixente do PSdeG asegurou que “podemos presumir despois de anos transformando Galiza desde o mundo municipal” e avanzou que durante a campaña “o obxectivo é amosar o traballo dos nosos compañeiros candidatos, alcaldes e alcaldesas”.

O secretario dos socialistas galegos considera que “a cidadanía é madura e sabe discernir o que está a escoller en cada proceso electoral, agora sabe que toca elixir quen xestiona os aspectos máis próximos á súa vida”.

Formoso augurou un “grande resultado” para a súa formación nos comicios de 28 de maio e acusou a populares e nacionalista de “e faltarlle ao respecto aos galegos e ás galegas”, cando falan das “autonómicas” ou “Bildu”.

Comentarios