#FORMIGUEIROSGZ

#FormigueirosGZ, unha rede de voluntari@s de apoio ás candidaturas do BNG-AA nos concellos.

A rede intégrana persoas non militantes da fronte nacionalista e dan o paso para axudar o BNG nunha campaña ‘’sen créditos bancarios e sen envío de correo masivo’’. Unha iniciativa que quer incorporar xente, ideas e compromiso.

Formigueiros BNG-AA

Unha rede de activistas, de persoas voluntarios, moz@s e non tan moz@s que queren pular nos seus concellos polas candidaturas do BNG-Asembleas Abertas e o proxecto político que representan. E queren pular combinando compromiso, convivio e sentido lúdico nunha rede que vén de se presentar esta sexta feira en Compostela co nome de Formigueiros.

“Sei que podo prestar axuda, sexa ensobrando, dobrando folletos, pegando carteis, traballando en rede co resto dos compañeiros e compañeiras dos formigueiros, e quero facelo porque creo nun proxecto que leva moitos anos traballando polo país, tamén con erros, e por iso participo nos formigueiros porque é importante botar unha man non que se poda”, explicaba Laura Casal, estudante de xornalismo que participa no formigueiro de Compostela como apoio á candidatura que encabeza Rubén Cela, na súa primeira reunión de traballo.

Incorporar xente e ideas

A idea nace após o proceso de asemblea abertas coa participación de moitas persoas que non teñen militancia no BNG pero que apostan polo proxecto político nacionalista de esquerdas para os concellos. Naquel proceso tomaron parte máis de 5.000 persoas, das cales por volta do 60% non eran militantes do Bloque. Por iso, para involucrar e implicar a todo ese caudal de ideas e achegas, nace #formigueirosgz

“A idea e que se organicen por barrios, por parroquias, como queiran en función do concello do que se trate, que se coordinen por si mesmos e fagan as súas propostas de traballo de apoio á campaña da candidatura do seu municipio”, explica Eva Vilaverde, da Executiva nacional.

Comentarios