REVéLAO ANA PONTóN

Fomento comunica ao BNG que non haberá transferencia da AP9 a Galiza

A portavoz nacional lamenta o que considera “excusas de mal pagador”. O Congreso ten que debater a proposta aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza pedindo ese traspaso.

O Ministerio de Fomento volverá, máis unha vez, dicir non á transferencia da AP9 a Galiza, rexeitando así a demanda unánime do Parlamento galego. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, revelou esta sexta feira que recibiu unha chamada de Fomento na que lle comunicaron de parte da ministra. Ana Pastor, que se volverá negar a transferencia da AP9. Pontón lamenta o que cualifica de “excusas de mal pagador”. O pasado mes de marzo todos os grupos parlamentares galegos, incluído PP, aprobaran pedir ese traspaso. Ser unha vía de interese xeral que comunica con Portugal é o argumento exposto polo Ministerio, dixo a portavoz nacionalista, lembrando que iso mesmo foi o que se xustificou desde o Estado para negar en ocasións anteriores a transferencia da titularidade.

Un voceiro de Fomento púxose en contacto con Ana Pontón para confirmarlle que a petición do parlamento galego ía ser rexeitada no Congreso, onde se ten que votar a proposición de lei que saiu da Cámara galega como proposta de Galiza. Pontón non deixou de sinalar que unha ministra que vai sr cabeza de cartaz do PP por Pontevedra, Ana Pastor, sexa quen adiante a negativa do goberno español ao traspaso.

Comentarios