A Fiscalía pide procesar por prevaricación a deputada do PP Marisol Piñeiro

O Ministerio Público considera que existen “elementos suficientes” para xulgala por un suposto enchufe cando era tenente de alcalde en Carnota.


A Fiscalía Superior de Galiza solicitou este sábado que se procese á deputada autonómica do PP Marisol Piñeiro por prevaricación. Considera que existen “elementos suficientes” para probar un suposto enchufe cando era tenente de alcalde no municipio coruñés de Carnota.

A contratación, segundo o Ministerio Público, produciuse sen “ningún tipo de formalidade nin axuste á legalidade”. A persoa que tería sido enchufada entrou como administrativa municipal en 2007. Tras dúas prórrogas, foi contratada de forma indefinida tres anos despois como técnico de Urbanismo saltando os procesos de selección.

Piñeiro sinala a súa inocencia a pesar do escrito de Fiscalía, que pide procesar tamén ao alcalde popular de Carnota, José Oreiro, e ao secretario municipal, dado que interviñeron “de modo directo e necesario” da presunta prevaricación.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios