OPERACIóN PATOS

A Fiscalía pide a imputación do alcalde de Vigo e do ex-presidente Deputación de Pontevedra

O Ministerio solicita que se tome declaración en calidade de imputados a medio cento de políticos, empresarios e técnicos. Entre eles, a delegada da Xunta en Vigo.

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
photo_camera Louzán, ex-presidente Deputación Pontevedra

A Fiscalía vén de emitir un informe mediante o cal solicita que se tome declaración en calidade de imputadas a medio cento de persoas, entre as que están o ex-presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como varios concelleiros da Corporación viguesa.

O Ministerio fiscal pide que, unha vez levantado segredo de sumario, que a causa se divida en pezas separadas. Entende, logo, que ten que haber inhibicións a prol dos xulgados de Compostela, Ponteareas, Ourense e Pontevedra, en función dos feitos investigados.

O ex-presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, estaría implicado en irregularidades nos contratos de campos de fútbol de Moraña, Coruxo e Coia, o saneamento e abastecemento de Nigrán, Poio, a reforma do centro social da Asociación Pena Moura, a pavimentación de camiños como o de San Lourenzo (Domiao) ou a recepción persoal de regalos da empres Eiriña; entre outras moitas acusacións.

A Abel Caballero impútase por recibir presuntamente regalos desa mesma empresa. Na relación figuran nomes como elo do ex-xefe de gabinete de Luzán; José Manuel Figueroa, ou a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch e o seu xefe de gabinete; funcionarios; e responsábeis de varias empresas.

Comentarios