Anticorrupción cita a declarar a Bárcenas e o PP veta que Rajoy renda contas no Congreso

A Fiscalía Anticorrupción chama a declarar ao exdeputado do PP Jorge Trías, que recoñeceu ter visto os papeis de Luis Bárcenas. Tamén citará ao extesoureiro do PP. Aliás, a maioría do PP veta que Rajoy teña que comparecer no Congreso para dar conta dos pagamentos

A Fiscalía Anticorrupción pide a Axencia Tributaria todos os pagamentos do Partido Popular desde o ano 2000. Aliás, chama a declarar mañá ao exdeputado popular Jorge Trías, que recoñeceu que veu a contabilidade de Luis Bárcenas. O propio extesoureiro popular tamén declarará como testemuña, segundo fontes xudiciais.

O xornal El País vén de entregar a Fiscalía os coñecidos como 'papeis secretos de Luís Bárcenas'

Ademáis, o Partido Popular vén de empregar a súa maioría absoluta para impedir que Mariano Rajoy acuda ao pleno do Congreso para falar dos casos de corrupción, alén de impedir a creación dunha comisión de investigación

Ana Mato

A Audiencia Nacional cita como imputado o exmarido da ministra Ana Mato polos pagamentos da rede Gürtel. Un informe da Policía desvelou que a trama Gürtel pagou á familia da ministra de Sanidade, Ana Mato, e o seu ex marido, o alcalde de Pozuelo de Alcorcón, Jesús Sepúlveda, viaxes turísticas por valor de 50.000 euros e artículos de luxo. Aliás, sufragou "eventos familiares particulares" como festas de aniversario con pallasos (11.800 euros). E tamén houbo a entrega de 75.000 euros para a oficina do PP en Pozuelo.

Comentarios