O fiscal pide manter a imputación de Louzán na ‘Operación Patos’

Pide xuízo para 13 das 36 persoas investigadas. Rafael Louzán, o único político que continúa investigado.

A Fiscalía de delitos económicos solicita no seu informe sobre a ‘Operación Patos’ manter investigados –antes imputados- 13 das 36 persoas que actualmente están nesa situación, instando o sobresemento para as outras 26. Rafael Louzán, ex-presidente da Deputación de Pontevedra e actualmente á fronte da Federación Galega de Fútbol, é o único político para o que o fiscal pide que continúe como imputado.

O Ministerio Público pide dividir a causa en cinco pezas separadas. Louzán está investigado neste proceso por, entre outras cuestións, polas supostas irregularidades nas concesións de obras de tres campos de fútbol cando era presidente da entidade provincial pontevedresa. 

Comentarios