Constituíronse 100% das mesas electorais

O director  xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, na primeira das catro comparecencias previstas sobre o desenvolvemento da xornada electoral neste 12-X, informou de que ás 10,30 horas estaban abertas "100% das mesas", o que supón un total de 3.952 distribuídas "nos 2.395 locais electorais na Galiza", puntualizou.

Mesa electoral en Burela (Imaxe: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Mesa electoral en Burela (Imaxe: Carlos Castro / Europa Press)

O director  xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, na primeira das catro comparecencias previstas sobre o desenvolvemento da xornada electoral neste 12-X, informou de que ás 10,30 horas estaban abertas "100% das mesas", o que supón un total de 3.952 distribuídas "nos 2.395 locais electorais na Galiza", puntualizou.

"Só houbo as incidencias habituais, algún atraso, pero nada destábel", resaltou Villanueva, quen valorou, así mesmo, a "normalidade nas medidas tomadas pola Administración ante a Covid-19" xa que, ratificou, "todos os locais contan con material de protección", como máscaras, xeles  hidroalcohólicos e pantallas.

Preguntado sobre a comarca da Mariña na que se rexistra un brote con 186 casos activos até este sábado, o director  xeral de  Emerxencias e Interior confirmou que a xornada electoral comezou con "total normalidade". 

Sobre o caso concreto da circunscrición da Coruña, onde sobre ás 9.30 horas non constaba 100% das mesas abertas para votar, Villanueva aclarou que "realmente na Coruña o que pasou foi unha falta de transmisión de datos". Segundo indicou a Xunta, rexistráronse "incidencias habituais" "por algún atraso dos membros titulares" de mesas ou "algún atraso na comunicación de que a mesa estaba constituída". "Todos estes casos xa foron solucionados", resaltou a Administración galega.

O censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego elévase a 2.697.315 persoas, debido a que aos 2,23 millóns de electores censados na Galiza, súmanse 463.163 rexistrados no Centro Electoral de Residentes Ausentes (CERA), lembrou a Xunta.

As e os electores contan, segundo os datos difundidos pola Administración galega, con algo máis de 32 millóns de papeletas e 3,3 millóns e medio de sobres de votación.

Ademais, no marco das medidas de prevención pola  Covid-19, distribuíronse nos locais electorais case 2,4 millóns de máscaras, máis de 43.000 botes de xel  hidroalcohólico e máis de 47.000 pantallas de protección.

Ás 12,30 horas deste domingo está prevista a segunda comparecencia de Santiago Villanueva para informar do primeiro avance dos datos de participación.

Comentarios