Besteiro dá por rematada a súa carreira cara ao Senado

O portavoz do PSOE no Congreso, Antonio Hernando, descartou que o líder d@s socialistas de Galiza sexa designado senador por mor da súa imputación. O propio Besteiro comunicara a súa renuncia a Pedro Sánchez a segunda feira. 

Após o veto imposto polo PP á súa designación como senador autonómico, a súa imputación féchalle definitivamente a porta mais, desta volta, por decisión do seu partido e semella que del propio. 

Segundo recolle a axencia de noticias Europa Press, en declaracións á imprensa o portavoz do PSOE no Congreso, Antonio Hernando, asegurou que "descarto que vaia ir ao Senado" por mor da súa imputación por presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias e prevaricación nun caso que lle atinxe polo seu tempo como edil en Lugo. 

Porén, segundo a mesma axencia o propio Besteiro tería comunicado na segunda feira a Pedro Sánchez a súa renuncia a ser designado senador. Así o trasladaron fontes do PSdeG a Europa Press que o atribúen a unha decisión persoal. 

Comentarios