Fernández Couto xestionou unha consultora forestal sendo director xeral de Montes

Entre 2009 e 2012 mantivo o seu cargo como director xeral de Montes e era administrador dunha consultora de enxeñería forestal, según desvela Economía Digital.

 

fernandez couto
photo_camera Fernández Couto

O director xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galiza, Fernández Couto, volve estar no albo. Desta vez non pola xestión dos incendios, nin imputado (como a finais de 2017) por presuntas contratacións irregulares, un caso que o xuíz decidiu arquivar. Agora está no albo por xestionar una consultora forestal mentres era director xeral de Montes da Xunta, segundo informa Economía Digital nunha información do xornalista X.R.M.

“O actual director xeral  de Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural mantivo durante algo máis de tres anos o seu posto como director xeral, neste caso, de Montes, e o administrador solidario dunha consultora adicada a proxectos de enxeñería forestal. Foi entre 2009 e 2012”, indica este medio.

Rústicas Maferco SL, continúa informando Economía Digital, tiña o seu domicilio social en Ames, concello colindante con Santiago de Compostela, e constituíuse cun capital de 3.006 euros. Este medio afirma que se puxo en contacto coa Consellaría de Medio Rural para coñecer se nalgún momento esta empresa realizou contratacións ou recibiu subvencións da Xunta, mais non obtivo resposta.

Comentarios