Felipe González defende a presenza de imputad@s nas listas electorais

O ex-presidente do Goberno central polo PSOE -que aínda o mantén como referente- cre que as forzas políticas teñen que estar por riba das decisións da Xustiza. O seu partido mantén como candidato a Orozco en Lugo malia estar involucrado na Pokémon.

felipe
photo_camera Felipe González

O ex-presidente do Goberno central Felipe González -do PSOE- advertiu da "equivocación" que supoñería excluír das listas electorais a todos @s polític@s que sexan imputados pola Xustiza. "Absolutamente un erro", respondeu González nunha entrevista que publica este domingo 'El País', ao ser preguntado sobre se considera unha equivocación que os partidos políticos ditaminen como norma que non vaia nin un só imputado nas súas listas. 

"Non fará falta que un xuíz diga que persoa non pode ir nunha lista porque ás veces o criterio do xuíz é contraditorio coa representación democrática libre. Ten que ser a propia forza política quen o diga", subliñou o que fora líder do PSOE, que rematou a súa etapa na Moncloa acosado por múltiples casos de corrupción. 

En Galiza, o PSOE presenta á reelección ao alcalde de Lugo, involucrado no Caso Pokémon. Tamén o PP mantén a imputad@s, como o alcalde de Fisterra. E aínda non decidiu que fai co segundo de Carlos Negreira na Coruña, Julio Flores.

Comentarios