Feixoo: “Xa me gustaría ter pediatras en Verín”

Nunha entrevista en Europa Press recoñece que "fallou" a comunicación do peche do paritorio, pero defende a decisión e lamenta que de momento "non hai pediatras".

Feixoo europa press
photo_camera Imaxe: Europa Press

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, admite nunha entrevista en Europa Press que, no que atinxe á polémica a raíz do peche do paritorio do hospital de Verín  "fallou" a comunicación e insistiu na "emerxencia" que supón a falta de pediatras. De feito, advertiu que, a día de hoxe, as prazas convocadas aínda non foron cubertas. "Xa me gustaría ter pediatras en Verín", remarcou.

Feixoo mantén que "neste momento" a intención de esgotar o mandato, xa que non ve "razóns" que xustifiquen adiantar as eleccións galegas que tocarían no Outono de 2020 e suxire que tampouco contempla cambios no equipo de goberno, ao entender que o seu gabinete "funciona con absoluta fluidez".

"Non temos neste momento ningunha causa para non pensar en esgotar a lexislatura. Hai un orzamento que acabamos de aprobar, estabilidade parlamentaria, un goberno que funciona e temos que dar estabilidade política nunha España na que a inestabilidade xa empeza a facerse crónica", argumentou, nunha entrevista concedida a Europa Press.

Das palabras do presidente galego despréndese, ademais, que está satisfeito co seu actual Executivo, que ve "moi adestrado e moi formado nas cousas da súa competencia". Nesta conxuntura, defendeu que "funciona con absoluta fluidez" e tamén puxo en valor que se traballa "con absoluta solidariedade" entre os membros do Goberno.

"Os acertos son do goberno e as equivocacións tamén, empezando polo presidente. Hai cousas que as facemos mellor e outras que temos que mellorar. A responsabilidade é mancomunada", dixo, nun escenario no que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, converteuse en obxecto dos dardos da que pide o seu cesamento por decisións como o peche do paritorio de Verín (Ourense).

Comentarios