Feixoo será investido presidente o 3 de setembro, nun calendario que reproduce o de Urkullu

Tomaría posesión o 5 dese mes.
Feixoo en rolda de prensa (Xunta)
photo_camera Feixoo en rolda de prensa (Xunta)

O debate que culminará coa investidura do popular Núñez Feixoo como presidente da Xunta terá lugar no Parlamento da Galizaa os días 1 e 3 de setembro, nun calendario que coincide co do lehendakari vasco Iñigo Urkullu.

Así quedou ratificado tras a Xunta de Portavoces que albergou a Cámara galega.

Previamente, a próxima semana efectuarase a preceptiva rolda de consultas dos grupos co xefe do Lexislativo, Miguel Santalices.

A vontade de Feixoo era ser investido e tomar posesión canto antes (barallouse a última semana de agosto), pero está pendente de fixar unha conferencia de presidentes que abordaría unha cuestión clave como o inicio do curso escolar.

Finalmente, a previsión é que Feixoo tome posesión do seu cargo o 5 de setembro. Inmediatamente despois, designaría ao seu Goberno.

comentarios