Feixoo recoñece que foi Vázquez Almuiña quen quixo marchar da Consellaría de Sanidade

O que era responsábel de Sanidade e a xa ex conselleira de Educación saíntes, Jesús Vázquez Almuiña, e Carmen Pomar, interviron esta mañá no acto de toma de posesión do novo Goberno da Xunta. O responsábel do Executivo da Galiza agradeceulles a súa dedicación e transmitiulles o desexo de “seguir traballando xuntos”.

Toma posesión, xunta, feixoo, goberno
photo_camera Un momento do acto de toma de posesión das consellarías (Foto: Europa Press)

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, confesou esta segunda feira que foi Jesús Vázquez Almuiña quen solicitou o relevo na Consellaría de Sanidade após as eleccións do 12 de xullo.

Respecto da despedida de Carmen Pomar, aclarou que tiña o desexo de desdobrar Industria e Emprego e crear un departamento de Emprego e Igualdade "sen aumentar" o número de consellarías.

Así as competencias educativas e culturais do país volven estar xuntas baixo o mando de Román Rodríguez. "Jesús e Carmen son os que dan a primeira substitución. Veremos que lles depara o futuro", destacou na toma de posesión do seu equipo, no que convidounos a "seguir traballando xuntos".

Feixóo quixo destacar especialmente a labor de quen até agora estuvo á fronte da crise sanitaria pola pandemia. Malia que falou de toda a súa traxectoria na Xunta “cunha das carteiras máis exixentes”, alabou a súa “excelente xestión” da primeira onda da Covid-19.

“A sanidade galega foi das mellores preparadas”, incidiu, falando dunha “pegada potente”. Tanto que foi o propio Almuíña quen considerou que era preciso o relevo. "No que eu pensei que sería un despacho de cuestións ordinarias, comunicoume que el entendía que procedía un cambio en Sanidade", seguiu.

"Moitas noites sen dormir"

"Un esforzo impagable e moitas noites sen durmir", resumiu o presidente galego, antes de dar a benvida ao seu sucesor, Julio García Comesaña, outro xestor sanitario que coñece "de abaixo arriba" o sistema. "Se con Almuiña acertamos, con el farémolo tamén", augurou.

O desde hoxe extitular de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, aproveitou a súa quenda de palabra para agradecer a “oportunidade” nunha área “tan importante”. Entre os agradecementos, acordouse do seu equipo directivo, "que durante os últimos meses tivo que pasar noites sen durmir para loitar contra a pandemia".

En especial, fixo unha louva do comité clínico da Xunta nesta crise, composto por "especialistas que achegaron a súa experiencia", así como dos sindicatos e as asociacións de pacientes, que teñen "cada vez máis peso" na toma de decisións.

Os resultados PISA

Igualmente dedicou boas palabras a labor de Carmen Pomar. "Dino os resultados PISA, pouco temos que dicir os políticos", aseverou, antes de vincular a súa saída co seu desexo de crear un novo departamento de Emprego, do que María Jesús Lorenzana será a titular, sen elevar o número de consellerías. Por iso Cultura e Educación vólvense atopar nas mans de Román Rodríguez.

Pomar, centrou o seu discurso en que este luns despide "un ciclo" do mesmo xeito que o comezou hai case dous anos: "Con moita ilusión, moitos nervios e moitas ganas". Para a profesora universitaria, trátase dun "adeus" fundamental "para pechar unha páxina e dar paso a outra".

"Pero hoxe despídome con moitos bos e xenerosos ás miñas costas e coa satisfacción de ter experiencias todas elas inesquecibles, desde as máis cotiás ata as máis solemnes", comentou.

Comentarios