Coronavirus

Feixoo recomenda que todos os partidos "suspendan" os actos da precampaña do 5-A

O PP suspende todos os actos de precampaña até o luns, cando se reunirán todas as formacións que concorren ao 5-A
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, após a reunión do Consello (Xunta).
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, após a reunión do Consello (Xunta).

O candidato á reelección do Partido Popular, Alberto Núñez Feixoo, anunciou esta quinta feira que trasladou a todos os partidos, a través do portavoz da súa formación no Parlamento da Galiza, a "recomedación" de "suspender todos os actos previstos na precampaña" para os comicios do 5 de abril até a reunión que manterán a vindeira segunda feira, día 16 de marzo.

Feixoo sinalou que "isto é unha recomendación e pode non ser atendida", mais avanzou que o PP "suspende todos os actos de precampaña" até a día 16, no que avaliaran xunto a todas as formacións os pasos a seguir a respecto da precampaña e, eventualmente, da propia campaña electoral para o 5-A.

"Vamos a seguir estando tranquilos, e preavisados, coa máis estrita responsabilidade", salientou o presidente da Xunta após a reunión semanal do seu Goberno.

Comentarios