Estimación Electomanía

PPdeG perdería a maioría absoluta e dependería de Vox para manter o Goberno

O ‘Galaicopanel’ de Electomanía sitúa o BNG como terceira forza, duplicando cadeiras (11). PP obtería 36 deputados e precisaría as 4 que este traballo outorga a Vox para ter a maioría absoluta.
Votacións 10N. Eleccións estatais. BNG (13)
photo_camera Votacións 10N. Eleccións estatais. BNG (13)

Feixoo dependería para manter a maioría absoluta na Galiza de Vox. Este é un dos titulares que eixa a estimación de Electomanía de cara ás eleccións galegas deste ano. Outro titular sería a suba do BNG, que pasaría ser terceira forza e superaría tanto Grupo Común da Esquerda como En Marea. Os de Villares ficarían sen representación.

O traballo de Electomanía elabórase, informa o portal, mediante promedio de enquisas, dados propios e histórico de resultados electorais previos. En base a isto, PP obtería 39,9% dos votos e 36 representantes no Parlamento da Galiza, cinco menos que agora (ten 41) e 2 por baixo da maioría absoluta (38 escanos).

Mais a irrupción de Vox, á que Electomanía concede  4 representantes, permitiría Feixoo sumar para manter o goberno, de atinxir o apoio da extrema dereita.

BNG subiría con forza e atinxiría case 15% dos votos, pasando así ser terceira forza. Das 6 deputadas e deputados actuais aumentaría a 11. Tamén subiría o PSdeG, ao que o traballo outorga 19 escanos e pon como segunda forza, posto que perdera en 2016 fronte En Marea. O espazos da denominada ‘esquerda rupturista’ sae penalizado nas urnas, de atendermos a esta proxección de Electomanía: Grupo Común da Esquerda ficaría con 5 representantes e En Marea (0,6% dos votos) non lograría representación.

Comentarios