Feixoo evita confirmar a súa candidatura á presidencia do PP

O presidente da Xunta da Galiza "espera" que do Congreso "saia un partido reforzado" e "unha alternativa" ao Goberno do Estado.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na reunión do Consello do Goberno galego (Foto: Arxina)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na reunión do Consello do Goberno galego (Foto: Arxina)

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, evitou, máis unha vez, confirmar a súa candidatura a presidir o PP e remitiu ao Congreso extraordinario que o partido convocou para a vindeira terza feira 2 de marzo, do que espera "saia un partido reforzado" e "unha alternativa" ao que é un "moi mal Goberno" do Estado.

Feixoo realizou estas declaracións ante a prensa este hoxe, ao acudir ao Campionato estatal en Pista Cuberta, en Ourense, onde estivo acompañado ademais do secretario xeral para Deporte, José Ramón Lete.

O congreso extraordinario do PP: 2 de marzo

"O Congreso convocouse para a terza feira, e aí ábrese un período para a presentación de candidaturas", comentou o titular da Xunta que, preguntado polas enquisas que o dan como favorito, sinalou que "non hai enquisas porque non estamos en ningunha formulación".

"Agradezo moito que nalgún estudo demoscópico apareza o meu nome, pero vaiamos por partes. Creo que a política no estado español ten moita tensión e hai que distendela, aceptar que a política é unha cousa moi seria e que os españois necesitan acougo", apuntou Feijóo

A este respecto, subliñou ademais que, dada a situación marcada polo conflito en Ucraína, "unha guerra ás portas de Europa", "necesítase reflexión e moito sentido común, moita proporcionalidade nas decisións".

"O PP debe saír reforzado"

O presidente do Executivo galego insistiu no Congreso extraordinario do Partido Popular, asegurando que será tamén "moi importante". "O meu obxectivo é que ese Congreso saia ben, que o PP saia reforzado e que teñamos unha alternativa ao que, na miña opinión e na de moitos españois, é un moi mal goberno. Este é o traballo que imos tentar realizar de aquí ao 2 de abril", concluíu.

Comentarios