luns 18/10/21

Feixoo evita comprometerse a consensuar coa oposición a nova data das eleccións

"Escoitará" os partidos para buscar "consensos" sobre a nova cita electoral, mais convocaráas el.
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, explicou que alcanzou un "principio de acordo" en torno ao decreto polo que se suspenderán as eleccións convocadas para o 5 de abril, cuestión que todas as formacións políticas apoiaron.

Neste sentido, anunciou que buscará o "consenso" para a nova cita electoral e o propio decreto incluirá que o presidente galego "escoite" as formacións políticas para determinar a nova data. A cita coas urnas será unha vez levantado o estado de alarma.

En todo caso, a decisión da convocatoria descansará con el, tal e como está facultado actualmente polo Estatuto de autonomía. De feito, no caso dun procedemento ordinario, non é obrigatorio que o presidente consulte aos partidos políticos.

Este principio de acordo terá que dar forma definitiva ao decreto que a Xunta enviará á Xunta Electoral. Fexoo explicou que a idea é aprobar o decreto esta cuarta feira para que entre en vigor esta quinta feira, antes de que tivese que comezar a campaña electoral.

Elimináronse do proxecto de decreto todas as referencias temporais, tanto a posíbeis datas como ao estado do proceso electoral. É dicir, as eleccións convocaranse cando o estado de alarma acabe "oídos aos partidos políticos", en aras da máxima seguridade xurídica.

Coronavirus

Na súa comparecencia após a xuntanza, Feixoo criticou o que entende que é unha falta de resposta por parte do Goberno español ás peticións de máis medios para Galiza para a louta contra o coronavirus. "Non é unha crítica", dixo.

O presidente indicou quea atención telefónica nos números para atender sobre o coronavirus houbo un reforza importante de persoal "con cen novos operadores". 

comentarios