Feixoo enxalza a súa xestión da pandemia, que contrapón á do Goberno estatal, da que di que "custou miles de vidas"

Defende "non  demonizar" a sanidade privada, que ve "unha oportunidade" para " descolapsar" a pública.

Feixoo en rolda de prensa (Xunta)
photo_camera Feixoo en rolda de prensa (Xunta)

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feixoo, reivindicou esta segunda feira a súa xestión da pandemia e contrapúxoa coa do Goberno español, ao que atribuíu un "atraso da alerta epidemiolóxica" de "dez ou quince días" que "custou centenares de vidas, miles de vidas".

Feixoo, quen desde o punto de vista estatístico reivindicou "os bos" datos de Galiza na pandemia, aínda recoñecendo que nunha pandemia que se levou vidas por diante as cifras "nunca son razoábeis", defendeu a importancia da sanidade e lamentou que calquera consenso sexa "moi difícil" cun Executivo estatal no que "segue instalado o non é non" de Pedro Sánchez.

"Sen sanidade non somos nada, non hai economía, non hai actividade laboral, non hai nada", advertiu, antes de mostrarse convencido de que Galiza tivo unha mellor "resposta" fronte ao coronavirus porque, na súa década á fronte da Xunta, investiu "moito" en infraestruturas sanitarias e hospitalarias.

Porén, as cifras da xestión de Núñez Feixoo nestes anos resúmense en Case 450 camas menos. Na última década fecharon 25 consultorios locais na Galiza

A xuízo de Feixoo, "un dos  gravísimos erros" do Executivo estatal que dirixe o socialista Pedro Sánchez fronte á pandemia foi "o atraso da alerta epidemiolóxica", que "custou centoss de vidas, miles de vidas". "Chegar tarde dez ou quince días á alerta provocou o colapso nos hospitais de Madrid e tamén nas grandes capitais", asegurou.

Comentarios