Feixoo dimitirá como presidente da Xunta "nas próximas semanas" e non descarta ser senador

O presidente da Xunta avoga por unha "transisción rápida" na Galiza.
Acto de Alberto Núñez Feixoo en Santander. (Foto: Europa Press)
photo_camera Alberto Núñez Feixoo. (Foto: Europa Press)

Alberto Núñez Feixoo reafirmou hoxe a súa decisión de non compaxinar. "É firme", dixo, pero apelou a fechar o seu período de "reflexión" para unha que encadrou en "semanas".

"Non vou tomar o tempo que vostede tivo", respondeu a Ana Pontón durante primeira sesión de control no Parlamento galego como novo líder nacional do Partido Popular, en alusión ao proceso de reflexión que abriu a nacionalista sobre o seu liderado entre agosto e outubro do pasado ano.

Sesión de control

Na súa intervención no Parlamento galego Núñez Feixoo repeleu as reclamacións dos grupos da oposición para que aclare cando se producirá a súa saída da Presidencia da Xunta.

"Non vou roubar un minuto á Galiza", aseverou. O debate xirou arredor do futuro na Presidencia da Xunta, incógnita que os portavoces de BNG, Ana Pontón, e PSdeG, Luís Álvarez, reclamaron que se despexe porque "a Galiza non pode ter un goberno en suspenso" na "peor crise de prezos dos últimos 40 anos".

Todo iso nunha sesión na que Núñez Feijóo retomou as súas críticas á política impositiva do goberno de Pedro Sánchez, ao que situou entre os peores da Unión Europea en política económica e ao que volveu a pedir que cumpra coa baixada de impostos acordada na Conferencia de Presidentes celebrada na Palma.

Senado

Nunha entrevista en Onda Cero, o aínda presidente da Xunta asegurou que dimitirá do seu cargo "nas próximas semanas" e que se producirá unha "transición moi rápida" na Galiza.

Feixoo subliñou que aínda que se pode ser presidente do PP e da Xunta, neste momento hai unha "enorme tensión política e crispación" nun momento de "enorme dificultade" económica e institucional que lle leva a crer que "todas as capacidades deben estar orientadas a presidir o PP", sen compaxinalo coa Xunta.

Tras lembrar que hai só 48 horas que é líder do PP, sinalou que a partir deste intre se inicia "unha etapa de transición moi breve" que vai ser "cuestión de semanas", pero que non depende exclusivamente del porque hai que cumprir os prazos e o regulamento da Cámara galega.

Comentarios