Feixoo déixase querer: tomará "decisións" en función do que pida o PP

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, durante a sesión parlamentaria desta terza feira. (Foto: Álvaro Ballesteros/Europa Press)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, durante a sesión parlamentaria desta terza feira. (Foto: Álvaro Ballesteros/Europa Press)

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feixoo, volveu a posicionarse na crise do Partiddo Popular (PP) e asegurou que "tomará decisións" en función do que necesite o partido e do que lle pidan que faga.

Feixoo, ao igual que na segunda feira, volveu a deixarse querer, mais sen chegar a confirmar que se postular como candidato a liderar o PP estatal, que agora mesmo segue a ter a Pablo Casado como presidente.

Nun acto que tivo lugar en Pontevedra, o presidente do Goberno galego  afirmou que "todos, eu entre eles, debemos ter a responsabilidade de estar á altura das circunstancias. Todos somos responsabeis da situación". Defendeu que "todos teñen que estar á altura das circunstancias e tomar decisións".

Mentres o dirixente popular non abandona a ambigüidade de se presentará a súa candidatura a presidir o PP estatal, cada vez son máis as informacións que afirman que Feixoo é o candidato dos baróns e referentes territoriais da formación política.

Pinza Feixoo-Ayuso a Casado

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoointercambiou chamadas cos diferentes 'baróns' do seu partido no marco da crise interna que estorou no PP como consecuencia da guerra aberta entre Pablo Casado, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.

Precisamente, fontes do PP galego confirmaron que Ayuso é unha das dirixentes coas que Feixoo mantivo conversacións, aínda que subliñan que falou con ela e con "moitos" outros 'baróns' e compañeiros de partido nos últimos días, ante a "situación de colapso" da formación, segundo as palabras que utilizou este luns o propio presidente da Xunta.

Numerosos medios de comunicación afirmaron durante a segunda feira, que, nesa conversa, tanto Feixoo como Ayuso acordaron unha estratexia para descabalgar a Casado como presidente estatal do PP.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios