Feixoo dá o si quero e anuncia que optará a un cuarto mantado

: "Se o meu partido e os galegos queren, estou dispoñible para Galiza".

FEixoo anuncia cuarto mandato (Arxina)
photo_camera Feixoo anuncia que recuncará como candidato (Arxina)

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Núñez Feixoo, fixo oficial  esta terza feira ante os seus que optará a un cuarto mandato. "Para calquera dúbida, elección e cuestión sempre dixen Galiza", recordou, antes de proclamar que, unha vez máis, se o seu partido "está disposto", el está "dispoñíbel para Galiza".

"Hoxe volvo a dicir Galiza, se o meu partido está disposto, estou dispoñíbel para Galiza. Se o meu partido quere, quero ser o candidato á presidencia da Xunta. Se os galegos queren, serei o presidente de todos os galegos sen excepción. (...) Son Alberto Núñez Feixoo e os galegos saben o que poden esperar de min ", proclamou, en medio de aplausos.

O escenario escollido foi, como é tradicional nas súas decisións máis relevantes, o hotel compostelán AC Palacio del Carmen, onde se deron cita os cargos máis relevantes do PPdeG no marco da Xunta Directiva, o máximo órgano do partido entre congresos.

Aínda que todo o partido asumiu que repetiría, o presidente galego tivo que apresurarse despois de que lehendakari, Iñigo Urkullu, anunciase o último día un adianto electoral ao 5 de abril en Euskadi. Pouco despois, Feixoo reuniu ao seu Goberno e aos medios de comunicación para informar de que galegas e vascas volverán da man ás urnas, como nas tres últimas convocatorias.

Comentarios