Feixoo critica o Goberno español por non agradecer "de maneira contundente" a Inditex a doazón de material sanitario

O multimillonario Amancio Ortega. (Foto: Europa Press)
photo_camera Amancio Ortega

O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feixoo, criticou esta terza feira ao Goberno español por non agradecer "de maneira clara e contundente" a Inditex a doazón de "toneladas" de material sanitario durante a pandemia de coronavirus.

Nunha entrevista na Cadea COPE, recollida por Europa  Press, o presidente galego asegurou que, de non ser pola empresa que dirixe Amancio Ortega, España "probabelmente estaría nunhas condicións" moito máis "lamentábeis".

Por iso, recoñeceu sentirse "sorprendido" por non escoitar ningún membro do Executivo estatal  "agradecer a un señor que puxo os seus cargueiros a disposición para que entrasen toneladas de material cando España non era quen de traelas".

"Nunha semana triplicamos camas e  respiradores. E unha das claves foi Inditex", asegurou, para despois lamentar que, en España, cando un "doa algo" convértese nunha "persoa sospeitosa".

Comentarios