Día do Afiliado de Novas Xeracións

Feixoo critica que o BNG «leva coa mesma 'matraca' 40 anos»

O presidente da Xunta e líder dos populares na Galiza pide á mocidade que non se deixe «seducir polos cantos de serea nin dun extremo nin do outro».

feixoo
photo_camera Alberto Núñez Feixoo, este sábado, no acto de Novas Xeración do PP [Europa Press]

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feixoo, cargou este sábado contra un PSOE que «xa non pinta» nada na política, porque «depende do que digan Podemos e os independentistas», e acto seguido manifestou: «Nunca pensarei que o PP vaia depender dos extremos e dos independentistas. Porque, se algunha vez así fose, eu tería que pedir a baixa do PP».

O dirixente popular fixo estas declaracións no transcurso dun acto na capital do país, Compostela, para celebrar o Día do Afiliado de Novas Xeracións. No seu discurso dirixiuse directamente á mocidade para para pedirlle que non se deixe «seducir polos cantos de serea nin dun extremo nin do outro» do espectro político.

Neste sentido, Feixoo criticou que o «discurso oficial da esquerda» consiste en «bombardear nas redes sociais que a mocidade do PP non existe». «Eses partidos din que toda a xente nova pensa o mesmo, que teñen as mesmas inquedanzas, as mesmas preferencias e o mesmo discurso», engadiu.

BNG, «partido antigo»

Feijóo tamén aproveitou para criticar que o BNG «leva coa mesma matraca 40 anos», polo que se preguntou como pode «representar unha mocidade ilusionada e innovadora» desta forma. «O BNG leva a dicir o mesmo desde que asistiamos ao instituto e á Primaria. Son máis antigos que ningún partido na Galiza nunca», engadiu.

Comentarios