domingo 20/09/20

Feixoo convoca de urxencia o Goberno para comunicar a súa decisión sobre a data das eleccións galegas

Reunión do Consello da Xunta en San Caetano (Xunta).
Reunión do Consello da Xunta en San Caetano (Xunta).

O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, convocou aos medios de comunicación para as 18.30 horas desta tarde, comparecencia que realizará após presidir unha xuntanza extraordinaria do Executivo, ao que comunicará a súa decisión sobre a data das eleccións galegas.

Feixoo anunciara esta segunda feira que decidiría e comunicaría "de inmediato" se habería un avanzo electoral na Galiza, territorio que foi da man con Euskadi nas tres últimas convocatorias. O presidente galego dera este paso despois de anunciar o lehendakari, Iñigo Urkullu, que adiantaba os comicios vascos a 5 de abril.

Os ruxes ruxes de que Urkullu decidira adiantar as eleccións vascas ao 5 de abril foron en aumento nas últimas horas, collendo forma a medida que se chegaba a hora (16:00 horas desta segunda feira) da comparecencia perante a imprensa do lehendakari. E así foi. Urkullu anunciou que as vascas e vascos terán cita coas urnas o vindeiro 5 de abril. "Aforrámoslle á cidadanía unha campaña electoral permanente ao longo dos oito próximos meses e reducímola a só dous", asegurou.

O presidente, Iñigo Urkullu, comunicoulle ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, ao presidente, Quim Torra, á presidenta do Goberno de Nafarroa, María Chivite, e ao presidente da Xunta de Galicia, Ñúñez Feixoo, que avanza as eleccións. para o 5 de abril.

Para que as eleccións vascas (e galegas)spoidan ser o 5 de abril, Domingo de ramos e o anterior a Semana Santa, o decreto para convocar os comicios non podería pasar desta terza feira, xa que se require un mínimo de 54 días desde a convocatoria ata a data das votacións.

comentarios