Feixoo, "consciente" de que precisa os votos de Vox para manter a Xunta

O actual presidente da Xunta da Galiza e candidato a repetir por cuarta vez, Alberto Núñez Feixoo, amosouse este sábado "perfectamente consciente" de que se "os 120.000 votantes que tivo Vox na Galiza nas eleccións xerais" non votan ao PPdeG o próximo 5 de abril, el non será presidente da Xunta.

2020030718585237323
photo_camera O candidato á reelección como presidente da Xunta polo PP, Alberto Núñez Feixoo.

Nunha entrevista nun diario estatal, Feixoo avanzou que, de cara ao 5-A, pedirá a todas as persoas que depositaban a súa confianza no PP e que marcharon a Vox para que volvan votar as listas populares nestes comicios, porque se non o fan o candidato do PPdeG terá que "abandonar a Xunta",.

O  actual titular do Goberno galego confronta dous escenarios: ou a súa presenza na dirección da Xunta cunha maioría absoluta, ou a entrada "de PSOE, Podemos e o nacionalismo" ao mando Administración autonómica.

A xuízo de Feixoo, é necesario "axuntar aos votantes de Vox" e tamén de Ciudadanos no Partido Popular da Galiza, xa que "se 3% ou 4% dos votos van a Vox, eles non van obter escano, pero imposibilitarán que o PPdeG obteña ese 45% ou 46% necesario" para conseguir a maioría absoluta coa que o PP leva gobernando desde 2009.

A mesma formulación traslada o presidente do PPdeG ao caso de Ciudadanos. Sobre a formación laranxa, explicou que "non teñen ningunha expectativa, nin remota, de conseguir representación parlamentaria". Iso "non é unha boa noticia", xa que ese "1% ou 2% de votos que obteña vai "restar forza ás propostas" que comparten populares e Cs e, ademais, non vai poder "evitar un Goberno nacionalista, socialista e podemita na Galiza".

"Para quen non lle interese que o nacionalismo, Podemos e o PSOE reartan o Goberno, hai unha única posibilidade: o PP da Galiza", considerou.

Comentarios