domingo 27/09/20

Feixoo cita o seu Goberno para convocar eleccións para 12 de xullo

Publicado o acordo interpretativo da situación de emerxencia sanitaria que habilita o presidente galego a convocar os comicios.


 

O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Arxina).
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Arxina).

Dirixentes populares consultados por Europa Press esperan que o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, anuncie hoxe que as eleccións galegas (inicialmente previstas para o 5 de abril e suspendidas pola pandemia do coronavirus) serán o domingo 12 de xullo. De feito, o xefe do Executivo convocou ao seu Goberno para esta segunda feira e prevé comparecer sobre as 14,15 horas.

Feixoo anunciou que reúne o seu Goberno pouco despois de que transcendese que o lehendakari, Iñigo Urkullu, deu o mesmo paso.

Feixoo aposta no 12 de xullo como a data, ao ser a máis próxima ao principio do verán para a que pode convocar, xa que legalmente deben transcorrer 54 días entre a chamada ás urnas e a votación.

Para que se cumpra esta marxe temporal, o decreto electoral tería que publicarse como moi tarde na edición desta terza feira do Diario Oficial de Galiza (DOG).

Ademais, o DOG publica hoxe o acordo aprobado no último Consello da Xunta que axusta a situación de emerxencia sanitaria no marco xurídico derivado do último estado de alarma, que deixa vía libre para celebrar os comicios.

O acordo non só habilita para convocar, senón que fixa que, unha vez establecida a data da cita coas urnas, a Xunta deberá garantir a protección da saúde nos comicios e "promoverá" que tamén o resto de administracións adopten medidas respecto diso.

comentarios