Sesión de control: Feixoo busca o corpo a corpo

O presidente protagoniza na sesión de control no Parlamento un debate no que se envolveu na bandeira da constitución e da transición para cargar contra o “radical” BNG.

ANA PONTÓN NÚÑEZ FEIXOO E GONZALO CABALLERO
photo_camera Ana Pontón, Núñez Feixoo e Gonzalo Caballero na sesión de control desta cuarta feira (Foto: Parlamento)

As sesións de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego son xa desde hai tempo unhas sesións nas que Núñez Feixoo xoga a disparar contra as forzas da oposición. Independentemente do que se lle pregunte, e nesta ocasión era sobre a AP-9 e os fondos Next Generation, el procura o corpo a corpo dialéctico para coutar calquera debate sobre a súa xestión.

Desta vez, o presidente situou o BNG no albo da súa estratexia. Non lle importaba cal fose a pregunta, as súas quendas de resposta aos nacionalistas buscaron debuxar un BNG situado na “radicalidade” e á marxe da sociedade galega. “O BNG máis lamentábel da historia da Galiza é o que vostede representa”, díxolle a Ana Pontón, ao tempo que mencionaba ERC e Bildu e acusaba os nacionalistas de “querer impoñer o seu programa”.

O 40 aniversario do intento do golpe de estado do 23- F deixou a súa pegada na sesión plenaria que se celebrou este mércores no Parlamento de Galicia, onde o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, aproveitou un debate coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, para facer unha alegación en defensa da Transición, da Constitución e da democracia española, e de afear a, ao seu xuízo, deriva dos nacionalistas galegos cara "a  radicalidade".

"O que está cada día máis radical e máis nervioso é vostede", replicou Pontón, quen lamentou que, mentres o BNG pregunta "pola pandemia, a campaña de vacinación e polos fondos europeos", o presidente acuda á Cámara galega a exercer "de oposición da oposición". "Vén aquí a facer  trumpismo para esconder que non ten propostas para o país", lamentou.

"Cren que a democracia, a Transición, a Constitución e o Estatuto de Autonomía son un réxime", censurou Feixoo aos nacionalistas. Tamén debería reprochar á Academia Galega, onde define réxime como “forma de goberno pola que un país se rexe"

Feixoo reivindicou que el "defende" os galegos "defendendo a Transición e a democracia española" e cargou contra o BNG por sumarse a ERC,  Bildu,  PdeCAT e a  CUP, que na pasada xornada protagonizaron un 'plante' ao Rey Felipe VI no acto do Congreso polo 40 aniversario do fracaso do intento de golpe de estado do 23 F co argumento de que o seu obxectivo é acabar con "o réxime do 78".

"Cren que a democracia, a transición, a Constitución e o estatuto de autonomía son un réxime", censurou Feixoo aos nacionalistas. Tamén debería reprochar á Academia Galega, onde define réxime como “forma de goberno pola que un país se rexe".

"Respecte o Parlamento galego e a democracia", reclamou a Pontón, quen lle advirta que é el quen non "respecta" á Cámara autonómica por derivar cara a outras cuestións debates que deberían ter o foco na Galiza. Dito isto, Pontón levantouse do seu sitio e achegouse ao escano do presidente -coa consecuente reprimenda do xefe do Lexislativo, Miguel Santalices- para deixarlle un documento coas propostas do BNG para a reactivación económica.

AP-9

A sesión de control principiara cunha pregunta do portavoz socialista e secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero sobre a AP-9, instando o presidente da Xunta a sumar esforzos co Goberno estatal a prol de decisión que favorezan os usuarios desta vía.

Reprochoulle a Fexoo que ao longo dfestes anos de Goberno obviase as súas rersponsabilidades neste sentido, máxime cando en madrid había o ‘Goberno amigo’ de Feixoo. “A prórroga da autoestrada até 2048 leva as siglas do PP”, criticoulle.

O presidente, na súa quenda de resposta, optou polo ataque: “ É a primeira vez que un Goberno de España lle pide a Galicia que lle pague a Audasa”.

Comentarios