Feixoo asegura que a mellor homenaxe a Fraga é "seguir o seu legado"

O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, participou esta mañá nun acto conmemorativo polo décimo aniversario do falecemento de Manuel Fraga Iribarne. Nel,asegurou que “a mellor homenaxe que se lle pode facer é continuar co seu legado de construír un PP maioritario na Galiza e en España”.
Feixoo, durante a ofrenda floral a Fraga Iribarne.
photo_camera Feixoo, durante a ofrenda floral a Fraga Iribarne.

O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, participou esta mañá nun acto conmemorativo polo décimo aniversario do falecemento de Manuel Fraga Iribarne. Nel,asegurou que “a mellor homenaxe que se lle pode facer é continuar co seu legado de construír un PP maioritario na Galiza e en España”.

Despois da ofrenda floral celebrada en Vilalba, Feixoo indicou que, nun momento no que hai partidos que queren dividir, o PP ten que continuar “sendo a casa común na que un amplo espectro de persoas e de sensibilidades se sintan integradas e representadas”, xa que só unidos poden ser unha alternativa aos executivos socialistas, populistas e independentistas que gobernan a Administración Xeral do Estado e algunhas Comunidades Autónomas.

Feixoo sinalou que, ante “os ataques constantes e continuados que sofren a Constitución e as nosas institucións”, o Partido Popular debe seguir manténdose como unha garantía de “reformismo tranquilo”

Nese senso, sinalou que, ante “os ataques constantes e continuados que sofren a Constitución e as nosas institucións” -incluso por parte dos membros do Goberno e dos seus socios-, o Partido Popular debe seguir manténdose como unha garantía de “reformismo tranquilo” que traballa para mellorar, continuar estando á altura do pobo ao que representa e demostrando que o desprestixio institucional tamén supón o desprestixio dun país.

Así mesmo, fronte aos partidos que queren importar á nosa Autonomía “derivas independentistas”, manifestou que o PP vai continuar defendendo a Galiza “española e europea”, avanzando por unha Comunidade aberta e sen complexos, crendo nunha terra moderna e ensanchando as súas bases. “Imos seguir apostando por Galicia”, engadiu.

Fundador do PP e pai da Constitución

Durante a súa intervención, Feixoo destacou a importancia de Fraga na nosa historia política, unha “figura fundamental” da que resaltou “a súa extraordinaria capacidade de traballo e determinación”. Sobre isto, lembrou que o político vilalbés foi o fundador do gran partido de centrodereita en España -chegando a conseguiu ser un gran punto de encontro para conformar a anhelada “maioría natural”- e que é un dos pais da Constitución que trouxo ao país liberdade, benestar e igualdade.

Tras salientar que Fraga foi o líder que durante máis tempo presidiu a Xunta, puxo en valor que “baixo o seu mandato se desenvolveron todas as institucións estatutarias, Galiza gañou prestixio nacional e internacional, acuñouse o termo bilingüismo cordial na Lei de Normalización Lingüística e logrou que os galegos do exterior se sentiran máis galegos”.

"O orgullo de suceder a Fraga"

O presidente do PPdeG tamén se referiu á gran responsabilidade e enorme orgullo que supuxo coller o testemuño de Fraga, remarcando que xestionar o seu legado “non cabe nun tuit, non permite delegar esa xestión a un consultor e non ten cabida na frivolidade que impera hoxe na política nacional”.

Comentarios