domingo 31.05.2020
Política

Elena Candia e Ángeles Vázquez encabezan as listas do PP por Lugo e A Coruña

O líder do Partido Popular galego vén de facer públicos os nomes das tres mulleres que asumirán o número un en das catro circunscricións galegas. Elena Candia farao por Lugo e Ángeles Vázquez por A Coruña. Marisol Díaz Mouteira repite por Ourense, mentres o propio Feixoo concorre por Vigo.
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo, coas cabezas de lista para as eleccións galegas do 5 de abril (EP).
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo, coas cabezas de lista para as eleccións galegas do 5 de abril (EP).

O líder do Partido Popular da Galiza e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, vén de facer públicas as cabezas de lista polas distintas circunscricións galegas.

Optou por situar a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, como número un por Lugo. Asemade, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, será cabeza de lista pola Coruña.

Marisol Díaz Mouteira, até hai dous días delegada territorial da Xunta en Ourense, recunca á fronte da candidatura deste censo.

Pola súa banda, o propio Feixoo mantense como número un por Pontevedra, coa ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro, como segunda, quen cesaba esta semana no seu cargo de delegada da Xunta na cidade para integrarse nas listas populares.

comentarios