Feixoo advirte da crise e da recesión que chegan

O presidente da Xunta de Galiza pide nun acto en Lugo o voto a favor do cambio de Goberno "para evitar que a España do 2024 sexa unha España en deterioro e en profunda recesión económica" e equipara a política económica de Pedro Sánchez á de Zapatero. 
FeiXOO EN Lugo_03
photo_camera Feixoo, nun acto en Lugo esta cuarta. [Imaxe: PP]

Feixoo elude calquera responsabilidade propia e do seu partido na xestión económica desde os gobernos de Galiza e do Estado durante esta década. O líder dos populares galegas, en campaña por Lugo esta cuarta feira, dixo que Pedro Sánchez "é cada vez máis parecido a Zapatero no económico". O PP utilizou os datos de desemprego publicados esta semana contra o Goberno socialista en Madrid. Feixoo lamentou que España se teña que enfrontar "aos seus peores datos de paro nos últimos sete anos", e advertiu dos perigos de "volver ocultar a realidade e de relativizar outra vez o que sucede". Nese senso, recordou que "xa hai precedentes de intentos similares e que os resultados xa os coñecen todos os españois porque os padeceron".

Chamamento ás votantes das dereitas


O PP insiste nesta campaña en pedir que se concentre o voto da dereita na candidatura de Pablo Casado. A discreta actuación do candidato no debate televisivo fixo que se intensifique esa demanda. Feixoo volveu apelar esta cuarta feira ao voto útil ao PP para ofrecer unha alternativa de «estabilidade, xestión, rigor e experiencia».

Comentarios