Feijóo ve "irresponsabilidade" nas 200 mil persoas que se manifestaron en Vigo

"Alá eles e a súa irresponsabilidade", dixo o presidente da Xunta en referencia a quen, na súa opinión, debían estar concentrad@s no traslado de doentes ao Álvaro Cunqueiro.

VIGO
photo_camera [Imaxe CIG]

Alberto Núñez Feijóo botou esta sexta feira máis leña ao lume. Após a histórica manifestación a prol da recuperación pública do novo hospital de Vigo --na que saíron por volta de 200 mil persoas-- o mandatario galego dixo ver "irresponsabilidade" no protesto. 

"Este goberno vai seguir construíndo hospitais", sinalou, ao tempo que aseguraba "alá eles e a súa irresponsabilidade" en referencia a "aqueles que aproveitaron a ocasión para convocar esta manifestación durante o traslado", nomeadamente, os "responsábeis políticos", dixo. 

Feijóo salientou o "prestixio da sanidade pública de Vigo" na súa comparecencia de imprensa malia as denuncias reiteradas a respeito das carencias do Álvaro Cunqueiro e a terse paralizado o traslado de doentes por mor de posíbeis riscos sanitarios. Así as cousas, dixo do complexo hospitalario que é "un dos mellores hospitais públicos de España". 

Desta maneira o presidente galego desouviu o clamou popular que onte exixía a demisión da conselleira de Sanidade e a xestión pública do hospital. 

Comentarios