Reaccións

Feijóo: “Seguirei sendo servidor de todos até 2020”

O último candidato en concorrer perante os medios na noite eleitoral foi o gañador, Alberto Núñez Feijóo, quen advertiu que non é “salvador de ninguén, senón servidor de todos”. E iso, engadiu, “seguirei sendo até 2020”.

[Imaxe: Feijóo] O candidato do PPdeG, coa súa nai, durante a xornada electoral
photo_camera Feijóo, coa súa nai, durante a xornada eleitoral

O gran triunfador do 25 de setembro tardou en comparecer perante a prensa e aproveitou para tratar de espantar as pantasmas que o sitúan alén de Galiza a medio prazo. Fíxoo cando asegurou que el non é “salvador de ninguén”, senón “servidor de todos”. “E iso seguirei sendo até 2020”. Tamén se afanou en insistir que “non hai maior honor que servir a Galiza”.

Feijóo asegurou diante dos medios que “Galiza non vai parar”, senón que “seguirá avanzando desde o primeiro minuto”. Aliás, trasladoulle a Pedro Puy, co que compareceu, acompañado tamén do secretario xeral, Miguel Tellado, que “volverá dirixir” os 41 deputados e deputadas.

Sobre os resultados, Feijóo, o único presidente dun territorio do Estado con maioría absoluta, sinalou que Galiza “é unha excepción da política española porque é un pobo excepcional”.

Comentarios