mércores 19/01/22

Feijóo propón un pacto ao PSOE face o "desafío soberanista" e para que goberne a "listaxe" máis votada

O presidente da Xunta de Galiza participou nun acto organizado por ABC en Madrid onde retou o PSOE a pactar unha reforma electoral para que goberne a listaxe máis votada e minguar de paso o peso das formacións nacionalistas. As súas declaracións coinciden coa proposta lanzada @s socialistas [email protected] para negociar o recorte de [email protected] no Hórreo.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galiza
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galiza

Alberto Núñez Feijóo participou esta segunda feira no Foro ABC, un encontro organzado polo rotativo conservador e monárquico e que congregou a [email protected] representantes da dereita e da oligarquía empresarial española como o presidente de Iberdrola, o presidente de Navantia ou a conselleira do Grupo Santander. 

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galiza aproveitou para bater contra o nacionalismo e para propor ao PSOE un pacto co que frear, dixo, "o desafío nacionalista". Neste senso, Alberto Núñez Feijóo emprazou @s socialistas a negociar unha reforma electoral para que goberne "a listaxe máis votada". Unha idea que xa foi lanzada polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para evitar os gobernos de coligación

"Quen gaña, goberna"
O Partido Popular anda ás voltas con esta idea desde hai tempo, se ben no último ano reiterou as súas intencións, coincidindo coa queda dos seus apoios e a merma de votos que, segundo os inquéritos, podería atinxir o bipartidismo español.

Feijóo di que "se o PSOE quere" o desafío soberanista "desinflarase coa mesma celeridade que se inflou"

Neste senso, o líder do executivo galego procurou na súa intervención en Foro ABC a complicidade do PSOE, a quen lanzou de maneira directa a proposta. "Se o PSOE quere", insistiu, "esta cuestión desinflarase coa mesma celeridade que se inflou", afirmou en alusión ao avanzo soberanista en Catalunya. 

Para Alberto Núñez Feijóo, esta mudanza na lei electoral está escrita "desde hai moito tempo" e "o importante", indicou, "é volver ao sensato". E o sensato para o presidente da Xunta é que "quen gaña, goberna".

O presidente da Xunta emprazou a Besteiro a negociar o recorte de [email protected] en Galiza

Feijóo busca a complicidade do PSOE
A proposta formulada por Núñez Feijóo coincide no tempo coa man que tendeu ao líder do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, a pasada semana. No encontro que mantiveron ambos os dous representantes, o presidente do Partido Popular emprazou a Besteiro a "negociar" o recorte no número de [email protected] que o seu partido prevé aprobar nas vindeiras semanas.

Unha redución que deixaría a Cámara galega con 61 escanos --menos que @s existentes en Cámaras poboacionalmente máis pequenas como a de Extremadura. Mais que tamén blindará --á espera de que se concrete formalmente a proposta-- as circunscricións de Lugo e Ourense (con 10 escanos respectivamente) onde o Partido Popular obtivo historicamente mellores resultados. A proposta reducirá a proporcionalidade da lei eleitoral, o que favorece sempre a listaxe máis votada.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Feijóo propón un pacto ao PSOE face o "desafío soberanista" e para que goberne a...
comentarios