Feijóo comparece con Aznar e respalda a elección directa das alcaldías

O presidente da Xunta de Galiza defendeu no campus organizado pola FAES a proposta anunciada por Mariano Rajoy.

Feijóo
photo_camera [Imaxe FAES]

Alberto Núñez Feijóo pronunciouse nunha palestra organizada pola Fundación do Partido Popular, a FAES, a respeito da reforma electoral proposta por Mariano Rajoy desde Panamá. Isto é, o presidente do goberno español amosouse favorábel a fixar un modelo de elección directa das alcaldías. E fíxoo apelando a un proxecto de "rexeneración democrática" que deseñará o PP. 

Feijóo aposta na reforma anunciada por Rajoy e pide que vaia "máis alá" e non se limité só ás alcaldías

Segundo Rajoy desta maneira gobernaría "o alcalde que escolle o pobo" e non, sinalou, "cinco que perderon as eleccións". Neste senso, Feijóo asegurou durante a súa conferencia no campus FAES e perante as preguntas formuladas pol@s xornalistas, que estaría disposto a que esta proposta vaia "máis alá" e que non se limite aos concellos. Así, abre a porta a que sexan tamén outras instancias de goberno as que se elixan directamente.

Para o presidente da Xunta, e un dos nomes fortes do PP a nivel estatal, o debate proposto por Rajoy é "moi procedente" e mesmo emprazou a elaborar unha iniciativa inicial que levar ás Cortes españolas. 

O presidente da Xunta díxose favorábel a unha segunda volta nas municipais

Para o mandatario galego, é un "contrasentido" que un "alcalde a falta dun concelleiro se converta en líder da oposición e un candidato que perdeu claramente as eleccións se converta en alcalde", indicou acompañado polo expresidente español, José María Aznar. Segundo Feijóo, esta realidade "afástanos da democracia, do valor das urnas e do sistema político actual". 

Así pois, defendeu estudar outros modelos e mesmo se amosou interesado pola segunda volta na escolla das alcaldías. 

Comentarios