Feijóo parabeniza a proposta de Méndez de Vigo dun MIR de dous anos para o profesorado

Feijoo mendez de vigo PP
photo_camera Javier Maroto, Méndez de Vigo e Feiijóo na Convención de educación do PP. Santiago de Compostela. Imaxe: PP

O ministro de Educación anunciou durante a Convención nacional de educación do PP, realizada en Santiago que o goberno vai impulsar dentro do pacto de Educación un novo modelo de función docente que incluirá "un programa de formación práctica titorizada (MIR) de dous anos de duración, no que se traballen todas e cada unha das funcións asociadas á docencia".

De Vigo afirmou que o goberno español quer un novo sistema de acceso ao profesorado. Por iso, após superada a formación de grao e máster de profesorado, o executivo de Mariano Rajoy quer establecer unha primeira proba selectiva única para todo o Estado español que avalíe os coñecementos da especialidade, así como outros aspectos relacionados coa organización curricular e escolar, xestión de centros educativos...

Ciudadanos apresurouse a saír á area mediática para afirmar que esa idea era súa, dicindo que figuraba no seu programa electoral e que foi unha das exixencias que puxeron no acordo de investidura co PP.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, interveu na Convención nacional do PP, parabenizou a proposta realizada polo ministro e defendeu o modelo lingüístico que o seu goberno aplica en Galiza.

Comentarios