Feijóo opta por unha mini-crise de goberno e aposta nunha técnica para Meio Ambiente, o que reforza a Rueda

A crise de Santiago tornouse, por decisión de Feijóo, nunha crise do goberno da Xunta. Mais será unha mini-crise: a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, relevará a Agustín Hernández.

Feijoo
photo_camera Toma de posesión de Ethel Vázquez [Imaxe Xunta de Galiza]

Agustín Hernández era un dos conselleiros con máis peso político do Goberno galego, algo que eventualmente o convertía nun hipotético rival de Alfonso Rueda na perspectiva da sucesión de Feijóo. O seu relevo, de 41 anos, ten un perfil máis técnico. Era unha das pezas relevantes da súa consellaría.

Feijóo desbota así realizar cambios máis profundos no seu gabinete e limítaos exclusivamente á mudanza en Meio Ambiente, embora o 25M o PP tivese o pior resultado da súa historia na Galiza, cedendo 15 pontos.

A saída de Agustín Hernández, que se perfila como candidato seguro á alcaldía de Santiago en  maio próximo, debilita politicamente o goberno, mais reforza as posicións do núcleo liderado por un Alfonso Rueda que na práctica é o que xestiona o día a día da Xunta, dada a intensa actividade externa de Feijóo, moi envorcado na súa carreira política estatal.

Comentarios