venres 07/08/20

Feijóo, nove anos despois, teima en ir de "bombeiro" contra o "incendio" que lle deixaron

O presidente da Xunta segue máis de cinco anos despois botándolle a culpa en campaña a anteriores gobernos. Xunto a Ana Pastor -a ministra-, que tampouco fala de Angrois- participou nun acto electoral na Estrada, onde se referiu a "incendios" como se non tivera pasado, un pasado con mangueira.

Feijóo.
Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, teimaron en campaña electoral contra "a herdanza recibida", malia que xa leva o PP máis de cinco anos no poder en "Galiza. O líder [email protected] populares galegos censurou "aos ousados" de anteriores executivos. Que, segundo el, "modifican a historia para intentar dicir que os responsábeis dos incendios son os bombeiros". "Nós somos os bombeiros do incendio que deixaron", proclamou, sen referencia ningunha á responsabilidade actual da súa formación no Goberno, nen moito menos á parábola sobre incendios que manexan e cuxas imaxes de Feijóo na oposición son ben coñecidas.

"A única responsabilidade que temos é apagar o lume da economía que deixaron cando estiveron oito anos no Goberno, e ímolo a apagar, imos reconstruír a casa outra vez e España será un dos grandes países do mundo", defendeu Feijóo nun acto electoral na Estrada.

Así, o titular do goberno autonómico -xunto á ministra de Fomento, que fuxiu das imputacións a cargos de ADIF pola traxedia de Angrois- asegurou que en Europa "a cuestión é ter políticas e non improvisar". Respecto diso, considera un exercicio de responsabilidade o mandato do Partido Popular fronte aos anteriores gobernos, porque "é moi fácil deixar a deber, iso sábeo facer ata o PSOE". A Xunta "austera" fixo crecer nun 30% a débeda dende a chegada de Feijóo a San Caetano.

comentarios