Rueda, vicepresidente

Feijóo mantén os mesmos conselleiros e conselleiras nun Goberno continuísta

Non houbo sorpresas e Alberto Núñez Feijóo anunciou na mañá do domingo que mantén os dez conselleiros e conselleiras, con Alfonso Rueda como vicepresidente. O continuísmo dáse tanto nos nomes como na estrutura da Xunta de Galiza.

image_gallery
photo_camera [Imaxe: Xunta] Alberto Núñez Feijóo

Repiten os dez conselleiros e conselleiras que acompañaron Feijóo nos últimos meses do seu Executivo após a remodelación do Goberno en outubro de 2015. Desta maneira, o presidente da Xunta aposta no continuísmo en canto a persoas como a estrutura.

O vicepresidente volverá ser Alfonso Rueda, quen se ocupará da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, mentres que Valeriano Martínez se encargará da Consellaría de Facenda. Na Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recunca Bea Mato e na de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.

Francisco Conde repite como conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e Román Rodríguez como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Aliás, seguirá á fronte de Sanidade Jesús Vázquez; de Política Social, José Manuel Rey Varela; de Medio Rural, Ángeles Vázquez e de Mar, Rosa Quintana.

Comentarios