MUNICIPAIS2015

Feijóo: “Falar de 2016 sen coñecer os resultados do 24M é ciencia ficción”

O presidente da Xunta evitou responder sobre o seu futuro nunha entrevista para a Radio Galega. Núñez Feijóo arremeteu contra a oposición e as forzas emerxentes.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, esquivou este domingo as informacións que sitúan o seu futuro en Madrid polas loitas internas no PP, durante unha entrevista para a Radio Galega. O líder dos populares galegos asegurou que “falar de 2016 cando non se coñecen os resultados do 24M é ciencia ficción”. 

En relacións os comicios municipais, Núñez Feijóo cargou contra a oposición e as forzas emerxentes. Especialmente crítico foi con UPyD e Ciudadanos. Acusou á formación de Rosa Díez de “presentarse como a rexeneración da política” hai seis anos, e agora os seus líderes pasen á formación de Albert Rivera.

 Restou importancia sobre a detención de Rato e dixo que “hai que ver o alcance do caso".

“Pensan o mesmo sobre Galicia. Non lles interesa esta comunidade”, asegurou o presidente do PP galego. Na mesma liña, arremeteu contra o líder dos socialistas, Pedro Sánchez, por afirmar que pactarán con todas as forzas políticas agás cos populares. “Senón estarían falando co PP de como podemos afrontar este momento convulso, de como dar estabilidade”. 

Neste sentido, criticou posibles alianzas postelectorais, preguntado pola fragmentación do voto que apuntan as enquisas, e insistiu en que debe “gobernar a lista máis votada”, incluídos os municipios nos que os populares perdan. 

Sobre o caso Rato e o efecto sobre a campaña do PP, destacou a labor do Goberno central que “demostrou que non lle vai tremer a man inda que nos veña mal”. Restou importancia sobre a detención do antigo vicepresidente do seu partido e dixo que “hai que ver o alcance do caso, polo momento son noticias xornalísticas”. 

Comentarios