Feijóo di que a Troika son "ZP, Rubalcaba e Valenciano" e ataca outravolta a BNG por Bildu

Os ataques ao BNG pola súa coligación con EH Bildu fan parte do argumentario de campaña do PP desde o seu inicio. Aí non innovou Feijóo. Si o fixo ao asociar a Troika co PSOE.

feijoo

O PP goberna na Xunta e no Estado e non se lle coñece unha soa crítica ás políticas imperantes en Europa, nen moito menos ás orientacións formuladas desde a Troika -isto é, os cortes brutais no gasto público, as reducións dos salarios reais e a independencia do BCE fronte ao poder político.

Porén, estamos en campaña e o PP non quer aparecer como valedor da Troika. Ao contrario. A Troika é o PSOE, se acreditarmos no dito por Feijóo no mitin de fechamento da campaña da formación conservadora, realizado na Coruña ante menos de 1.000 persoas.

"Cada votante do PP que fique na casa é votar a Troika -dixo en relación co PSOE- é dar un escano a Bildu", afirmou.

A palabra de orde aplicouna tamén un disciplinado Millán Mon: "A Troika son Zapatero, Rubalcaba e Valenciano". O cuñado de Rajoy bateu tamén contra @s nacionalistas galeg@s. "Son tan expertos en dividir o país que tamén se dividen eles", dixo.

Comentarios